Este é o quinto ano consecutivo que o alumnado
de 3º Ciclo participa no programa XOGADE que promove a Consellería de Cultura,
Educación e O.U.
Durante os meses de febreiro, abril e maio
desprazáronse a Pazos de Borbén, Vilaboa, Soutomaior e Redondela para participar
en diferentes disciplinas tales como: atletismo, baloncesto, fútbol, balonmán,
voleibol e bádminton.
O que se pretende con esta actividade é
incrementar a participación nas diferentes modalidades deportivas e permitir a
aprendizaxe e a práctica das mesmas; tamén téntase transmitir hábitos,
actitudes e valores como a tolerancia, o respecto, o esforzo ou a cooperación e
o Xogo Limpo.
Os nenos e nenas quedaron encantados con esta
experiencia e viñeron felices de ter acadado, aínda por riba, un bos resultados
con cadansúa medalla, que se lles entregou na clausura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario